Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán / From Wikipedia, the free encyclopedia
O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán[4] é un parque natural[5] galego que ampara ao sistema dunar, as marismas e as lagoas do vértice occidental da costa da península do Barbanza, en Ribeira, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia.
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural, ZEC, ZEPA, Zona húmida RAMSAR | ||
Ano de constitución: | 1992 | ||
Superficie: | 996,25 ha. (9.264,64 no ZEC) | ||
Lexislación: | Parque natural co decreto 148/1992 e do 23 de outubro de 1992, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3], ZEPA o 19 de xuño de 2003, ZEPVN e ZEPA o 2 de abril decreto 72/2004. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia da Coruña | ||
Concellos: | Ribeira | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
O complexo de Corrubedo é tamén un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) (Complexo húmido de Corrubedo), unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) (Complexo litoral de Corrubedo), un zona húmida protexida galega (Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo) e un zona húmida de importancia internacional Ramsar (Complexo de Corrubedo).[1][2][3][6][7] O arquipélago de Sálvora, e o seu mar, así como parte do litoral de Porto do Son atópanse dentro do ZEC do Complexo húmido de Corrubedo, co que se amplía a súa área a 9.264,64 ha.[8][9][10] Así é que a costa entre o cabo de Corrubedo e o Castro de Baroña, o mar arredor das illas de Sálvora e as lagoas de Carregal e Vixán quedan baixo a protección do parque natural e a ZEC.[11]