Comunicación (linguaxe)
acto de transmitir os significados previstos dunha entidade ou grupo a outro a través do uso de signos e regras mutuamente comprendidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A comunicación (do latín communicare, "tornar común", "trocar ou asociar opinións", "conferenciar") é unha función da linguaxe, considerada comunmente como primordial.
Comunicarse, significa polo tanto, estar en relación con; representa a acción de pór en común, de compartir ideas, sentimentos, actitudes. É un intercambio de experiencias socialmente significativo, un esforzo para a converxencia de perspectivas. A comunicación é a resposta dun ser vivo a un estímulo. Se o estímulo é ignorado polo individuo, non hai comunicación, pois a mensaxe sen resposta non pode considerarse un acto comunicativo. Polo tanto, a comunicación implica a participación dun emisor e un receptor que interaccionan intercambiando mensaxes, emitindo e recibindo información.
Función comunicativa: considérase como base para o desenvolvemento lingüístico. A linguaxe posibilita a integración do suxeito no medio social; é o vehículo regulador de comportamentos, relacións afectivas e sociais así como soporte de regras culturais.