Condado portucalense
condado do Reino de Galicia previo a formación do Reino de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
No actual territorio de Portugal, ao longo do proceso da Reconquista, houbo dúas entidades políticas coñecidas como condados portucalenses[1] ou condados de Portucale.
Condado Portucalense (pt) Condado de Portucale (pt) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Braga | |||
Escindido de | Reino de Galicia | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 868 | |||
Disolución | 1139 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Reino de Portugal | |||
O primeiro condado foi fundado polo nobre galego Vimara Pérez (ou Vímara Peres, ou Guímara Peres), conde da Coruña, despois da toma (ou repoboación) de Portucale (Porto), en 868. Ocupaba un territorio aproximado ao do actual Entre-Douro-e-Minho. O condado foi gobernado por varios descendentes de Vimara, até que foi incorporado plenamente ao Reino de Galicia en 1071, cando o rei García tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde Nuno II Menendiz, que sería derrotado na batalla de Pedroso, pasando o título a mans reais. Porén, durante toda a súa existencia, aínda que gozando de ampla autonomía, o condado constituíu sempre unha dependencia dos Reinos de Asturias, León e Galicia)
O segundo instituíuse contra 1095 como feudo que o rei Afonso VI de León e Castela lle concedeu a Henrique de Borgoña, un nobre borgoñón que viñera auxilialo na reconquista de terras aos musulmáns, e que casara coa filla do rei, a infanta Tareixa de León. Este último condado era moito maior en extensión que o primeiro, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo condado de Coímbra, suprimido en 1091, e partes de Trás-os-Montes e aínda do sur da actual Galicia (mormente da diocese de Tui).
Cómpre sinalar que Condado é un termo xenérico para designar o territorio portucalense, xa que os seus gobernantes eran denominados indistintamente Comite (conde), Dux (duque) ou Princeps (príncipe).
Algún historiadores portugueses, por razóns didácticas, refírense ao primeiro condado portucalense como condado de Portucale, e ao segundo como condado portucalense, para evitaren confusións entre ambos os dous condados.