Condución de calor
From Wikipedia, the free encyclopedia
A condución de calor é un mecanismo de transferencia de enerxía térmica entre dous sistemas baseado no contacto directo das súas partículas sen fluxo neto de materia e que tende a igualar a temperatura dentro dun corpo e entre diferentes corpos en contacto por medio de ondas. Está presente en todos os estados da materia e cada substancia ten unha condutividade térmica característica.
A condución da calor é moi reducida no espazo ultra alto baleiro e é nula no espazo baleiro ideal, espazo sen enerxía.
O principal parámetro dependente do material que regula a condución de calor nos materiais é a condutividade térmica, unha propiedade física que mide a capacidade de condución de calor ou capacidade dunha substancia de transferir o movemento cinético das súas moléculas ás súas propias moléculas adxacentes ou a outras substancias coas que está en contacto. A inversa da condutividade térmica é a resistividade térmica, que é a capacidade dos materiais para opoñerse ao paso da calor.