Conmutación de paquetes
From Wikipedia, the free encyclopedia
A conmutación de paquetes é unha técnica que serve para facer un uso eficiente das ligazóns físicas nunha rede de computadores. Se non existise unha técnica de conmutación na comunicación entre os nodos, teríase que enlazar en forma de malla, sendo unha rede de conmutación de paquetes unha "malla" de interconexións facilitadas polos servizos de telecomunicacións, a través da cal os paquetes viaxan dende a fonte ata o destino.
Unha vantaxe adicional da conmutación de paquetes, ademais da seguridade de transmisión de datos, é que ao dividir en paquetes a mensaxe, esta ensámblase dunha forma máis rápida no nodo de destino, xa que se están a usar varios camiños para transmitir a mensaxe, producíndose un fenómeno coñecido como transmisión en paralelo. Ademais, se unha mensaxe tivese un erro nun bit de información e estivésemos usando a conmutación de paquetes, só hai que retransmitir o paquete co bit afectado, o cal e moito menos problemático. O único negativo no esquema da conmutación de paquetes é que o seu encabezado e máis grande.