Conservación da enerxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei de conservación da enerxía establece que o valor da enerxía dun sistema illado (sen interacción con ningún outro sistema) permanece invariable co tempo. A conservación da enerxía dun sistema está ligada ao feito de que as ecuacións de evolución sexan independentes do instante considerado.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
En termodinámica, constitúe o primeiro principio da termodinámica. En mecánica analítica, pode demostrarse que o principio de conservación da enerxía é unha consecuencia de que a dinámica de evolución dos sistemas está rexida polas mesmas características en cada instante do tempo. Iso conduce a que a "traslación" temporal sexa unha simetría que deixa invariante as ecuacións de evolución do sistema, polo que o teorema de Noether leva a que existe unha magnitude conservada, a enerxía.