nobre normanda From Wikipedia, the free encyclopedia
Constanza de Sicilia, tamén coñecida como Constanza de Hauteville, nada en 1082 e finada despois de 1135, foi unha nobre normanda que foi raíña consorte de Conrado de Italia, Rei de romanos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1081 |
Morte | 1135 (53/54 anos) |
Outro | |
Título | Nobile (en) |
Familia | Casa de Hauteville |
Cónxuxe | Conrado II de Italia (1095 (Gregoriano)–) |
Pais | Roger I de Sicilia e Eremburga de Mortain e Sikelgaita (pt) |
Irmáns | Emma de Hauteville, Flandina of Hauteville (en) , Judith of Hauteville (en) , Maximilla di Altavilla (en) , Muriella di Altavilla (en) , Matilde de Hauteville, Felícia da Sicília (pt) , Roxerio II de Sicilia, Simón de Sicilia, Mauger, Count of Troina (en) , Geoffrey of Ragusa (en) e Jordan of Hauteville (en) |
Era filla do Gran Conde de Sicilia Roxerio I e de Eremburga de Mortain, e irmá de Malxerio de Hateteville, conde de Troina, e media irmá máis vella, por parte do pai, do rei Roxerio II de Sicilia.
En 1095, Costanza casou con Conrado de Italia, fillo e herdeiro do emperador Henrique IV e da súa primeira esposa Berta de Savoia. O matrimonio foi promovido polo papa Urbano II que, nese tempo, buscaba unha alianza co conde de Sicilia. Esta unión non tivo fillos.
O seu marido foi rei corexente de Alemaña de 1087 a 1098 e rei corexente de Italia de 1093 a 1098. No conflito entre Herique IV e Urbano II, Conrado aliouse c o papa en contra do seu propio pai. Pouco despois do Concilio de Piacenza, Conrado xurou lealdade a Urbano II en Caemona e serviu como palafreneiro pontificio, guiando o cabalo do papa como signo de humildade.
En abril de 1098, despois de tres anos de conflitos co seu fillo, Henrique IV reaccionou retractándose das súas posicións diante do Parlamento imperial, o Reichstag ou Dieta Imperal, en Maguncia, depoñendo a Conrado e designando ao seu fillo máis novo Henrique V como su sucesor.
Despois da súa deposición, Conrado II xa non tiña case ningunha influencia na política italiana. O seu máis importante aliado, Urbano II, morreu o 29 de xullo de 1099 e, con el, desapareceu a esperanza da súa restauración.
Conrado faleceu o 27 de xullo de 1101. Constanza nunca volveu a casar, e pasou os anos seguientes, até a súa morte despois de 1135, en relativa escuridade.
Predecesor: Berta de Savoia |
Raíña consorte de romanos 1095 - 1098 |
Sucesor: Matilde de Inglaterra |
Predecesor: Berta de Savoia |
Emperatriz consorte do Sacro Imperio 1095 - 1098 |
Sucesor: Matilde de Inglaterra |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.