Constelacións chinesas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A astronomía chinesa tradicional ten un sistema que divide a esfera celeste en asterismos ou constelacións, coñecidas como "oficiais" (en chinés: 星 xīng guān).[1] En xeral, os asterismos chineses son máis pequenos que as constelacións de tradición helenística.
O planisferio de Suzhou da dinastía Song (século XIII) mostra un total de 283 asterismos, e comprende un total de 1565 estrelas.[2] Os asterismos divídense en catro grupos, vinte e oito casas (en chinés: 二十八, Èrshíbā Xiù) ao longo da eclíptica, e Tres Recintos no hemisferio setentrional. O ceo meridional engadiuse como un quinto grupo na posterior dinastía Ming baseado nas cartas celestes europeas e contén 23 asterismos máis.
Os tres recintos están centrados no polo norte celeste e inclúen as estrelas que se podían ver todo o ano dende a China.[3] As vinte e oito casas abranguen a rexión zodiacal e poden considerarse equivalentes aos 12 signos de zodíaco. Ao contrario do que ocorre cos signos do horóscopo occidental, as vinte e oito casas fan referencia ás fases do mes lunar máis que á posición do sol ao longo do ano; de aí vén a súa denominación de palcos lunares.
A cada estrela visible asígnaselle un asterismo e algúns dos asterismos só contan cunha estrela. Tradicionalmente, cada estrela recibe un nome relacionando o seu asterismo cun número.