Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 1
From Wikipedia, the free encyclopedia
Boa estadía e bo traballo.--Alyssalover(fálame) 15:59, 13 xaneiro 2006 (UTC)
- Únome ao saúdo de benvida, espero que permanezas durante moito tempo connosco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:04, 13 xaneiro 2006 (UTC)
- Ola, xa está borrado o artigo que fusionaches co correcto Álvaro Cunqueiro. Vexo que estas cargando imaxes de escritores, está ben pero tes que indicar a licenza das imaxes, podes ver a lista en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe, tamén debes visitar Wikipedia:Política de uso de imaxes, para calquera dúbida podes ir á miña páxina de discusión e benvido á Galipedia, agardo que te sintas cómodo entre nós, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 14:55, 14 xaneiro 2006 (UTC)
- Ola, benvido. Que tal? Alégrome de que colabores na Galipedia. --Xoán Carlos Fraga 17:08, 24 xaneiro 2006 (UTC)
- Ola, revertín a Lista de reis suevos, o artigo portugués ten erros graves e ademais a bandeira é claramente unha recreación fraudulenta (nunca foi a bandeira do Reino Suevo), --Rocastelo(fálame aquí) 14:52, 18 marzo 2006 (UTC)
- Os suevos non tiñan bandeira, no sentido actual do termo (noutros sentidos existen dende os exipcios ou antes), como non había unha bandeira romana ou visigoda. Os romanos máis que bandeiras tiñan estandartes (nas lexións) para identificar cada unidade militar. Foi durante a Idade Media cando comezaron a empregarse nas batallas para identificarse como parte do exército dun señor ou dun rei (En Europa, o caso de China xa é diferente). A primeira bandeira nacional, segundo a tradición, nun sentido estricto é a escocesa (século IX) aínda que non hai evidencia do seu uso (de xeito nacional) ata o XIV.--Rocastelo(fálame aquí) 15:29, 18 marzo 2006 (UTC)
- O caso de Francisco Sanches (ou Sánchez) penso que é complicado, non todos aceptan que naceu en Tui, outros afirman que naceu en Braga (ou nalgún lugar da súa diócese), e dende logo parece que estudou alí, de alí era a súa nai (el procedía de familia de xudeus conversos) e nas súas obras hai referencias a Portugal, pero creo que ningunha a Galicia, o que reforzaría que de nacer en Tui foi por casualidade, ademais hai que ter en conta que el viviu, en parte, nun momento en que as coroas de Portugal e España estaban unidas. En definitiva os portugueses sempre o consideraron portugués, os españois español e eu dubido que el se considerase galego (pero esta é unha opinión persoal). --Rocastelo(fálame aquí) 15:49, 18 marzo 2006 (UTC)
Arquivo de mensaxes antigas: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
Benvido á Galipedia, Albert galiza!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|