Sistema de coordenadas cartesianas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As coordenadas cartesianas ou coordenadas rectangulares (plano cartesiano) son un tipo de coordenadas ortogonais usadas en espazos euclidianos, para a representación gráfica dunha función, en xeometría analítica , ou do movemento ou posición en física, caracterizadas porque emprega como referencia eixes ortogonais entre si que se cortan nun punto orixe. As coordenadas cartesianas defínense así como a distancia á orixe das proxeccións ortogonais dun punto dado sobre cada un dos eixes. A denominación de 'cartesiano' introduciuse en honra de René Descartes, quen o utilizou de maneira formal por primeira vez.
Se o sistema en si é un sistema bidimensional, denomínase plano cartesiano. O punto de corte das rectas faise coincidir co punto cero das rectas e coñécese como orixe do sistema. Ao eixe horizontal ou das abscisas asígnaselle os números enteiros dos xes ("x"); e ao eixe vertical ou das ordenadas asígnanselle os números enteiros dos is gregos ("y").
Ao cortárense as dúas rectas, dividen o plano en catro rexións, que se coñecen co nome de cuadrantes:
- Primeiro cuadrante "I": Rexión superior dereita
- Segundo cuadrante "II": Rexión superior esquerda
- Terceiro cuadrante "III": Rexión inferior esquerda
- Cuarto cuadrante "IV": Rexión inferior dereita
O plano cartesiano emprégase para asignar unha localización a calquera punto no plano. Na gráfica indícase o punto +2 nas abscisas e +3 nas ordenadas. O conxunto (2, 3) denomínase "par ordenado" e do mesmo xeito pódense situar outros puntos.
As coordenadas cartesianas empréganse por exemplo para definir un sistema cartesiano ou sistema de referencia xa sexa respecto a un só eixe (liña recta), respecto de dous eixes (un plano) ou respecto de tres eixes (no espazo), perpendiculares entre si (plano e espazo), que se cortan nun punto chamado orixe de coordenadas. No plano, as coordenadas cartesianas denomínanse abscisa e ordenada A abscisa é a coordenada horizontal e represéntase habitualmente pola letra x, mentres que a ordenada é a coordenada vertical e represéntase polo y.