Copa MLS
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa MLS (en inglés: MLS Cup) é o título de campión da Major League Soccer. Tras a liga regular nas dúas conferencias, os cinco primeiros clasificados de cada conferencia xogan os playoff da MLS. Os gañadores dos playoffs de cada conferencia enfróntanse nunha final polo título. O gañador da Copa MLS clasifícase para a Liga de Campións da CONCACAF.
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Copa MLS | |
---|---|
Fundación | 1996 |
Rexión | Estados Unidos e Canadá |
Confederación | CONCACAF |
Equipos | 10 |
Internacional | Liga de Campións da CONCACAF |
Actual campión | Portland Timbers |
Máis laureado | LA Galaxy (5 títulos) |
Sitio web |
Pechar
O primeiro gañador desta copa foi o D.C. United, no ano 1996. O equipo con máis títulos é Los Angeles Galaxy, o equipo anxelino foi o campión en cinco ocasións. O último gañador foi o Portland Timbers.