Copa Real Federación Española de Fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Real Federación Española de Fútbol, tamén coñecida como Copa Federación, é unha competición de fútbol disputada anualmente polos clubs de Segunda B e Terceira división de España, que non accedan pola súa posición a disputar a Copa do Rei ou que queden eliminados na primeira rolda.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Copa Real Federación Española de Fútbol | |
---|---|
Fundación | 1945 (1993 no seu formato actual) |
Rexión | España |
Actual campión | C.D. Arenteiro |
Máis laureado | Puertollano (En 3 ocasións) |
Sitio web | www.rfef.es |
Xógase mediante eliminatorias a dobre partido, incluíndo a final. Dispútase en dúas fases: unha primeira de carácter autonómico, e unha segunda, a nivel estatal, na que participan os vencedores de cada comunidade autónoma máis o vencedor da tempada anterior.
A competición foi creada en 1945 e unicamente disputáronse cinco edicións ata 1953 con finais a partido único, momento no que deixou de disputarse. Novamente restáurase en 1993 pola Real Federación Española de Fútbol. O CD Puertollano (anteriormente Puertollano Industrial e UD Puertollano) é o club que máis veces a gañou, en 3 ocasións.