Copa do Rei de baloncesto
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.
Copa do Rei | |
---|---|
Fundación | 1933 |
Rexión | España |
Confederación | FIBA Europa |
Presidente | Antonio Martín |
Equipos | 8 |
Actual campión | FC Barcelona (27º título) |
Máis laureado | Real Madrid (28 títulos) |
Televisión | Movistar+ |
Organizador | ACB |
Sitio web | acb.com/copadelrey |
Copa do Rei 2022 |
- Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.