Copa do Rei de Rugby
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Rei é a competición nacional de rugby máis antiga de España. Naceu en 1926 como Campionato de España por iniciativa da Federación Española de Rugby, que fora fundada pouco tempo antes. O formato orixinal do torneo consistía nunha liga na que se enfrontaban os diversos campións rexionais, inicialmente os campións de Cataluña e Castela, e en anos posteriores outros equipos. Durante décadas foi o máximo campionato de rugby existente en territorio español, pasando por varias denominacións, como "Campionato de España" ou "Copa do Xeneralísimo", até que en 1970 foi creada a División de Honra da Liga Española de Rugby. Dende entón a Copa do Rei ocupa o segundo posto en importancia dentro do calendario rugbístico español. O gañador da Copa do Rei acada o dereito a disputar a Supercopa de España fronte ó campión de liga.
Copa do Rei de Rugby 2021-2022 | |
Organizador | F.E.R. |
---|---|
Edicións | 89 |
Máis títulos | FC Barcelona (16) |
Actual campión | CR El Salvador (8ª) |
O equipo máis laureado da historia da Copa do Rei de rugby é o FC Barcelona, gañador de 16 edicións, seguido pola UE Santboiana que gañou 12 torneos. O vixente campión é o Club de Rugby El Salvador.
- Actual edición: Copa do Rei de Rugby 2021-2022
- Pasada edición: Copa do Rei de Rugby 2020-2021