Copa do Rei de fútbol 2021/22
118ª edición da Copa do Rei de fútbol / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Rei de fútbol 2021-22 foi a 118ª edición da competición. Participaron un total de 116 equipos: os 20 equipos que xogaron a Primeira División a tempada anterior, os 22 equipos que xogaron a Segunda División a tempada anterior, 28 equipos que participaron en Segunda B, 32 equipos que participaron en Terceira División, os 4 equipos semifinalistas da Copa Federación e os 10 equipos, entre os 20 procedentes das primeiras divisións autonómicas, vencedores da eliminatoria previa.
Copa do Rei de fútbol 2021/22 | |
---|---|
Liga | Copa do Rei |
Deporte | fútbol |
Duración | novembro de 2021 - abril de 2022 |
Partidos | 127 |
Equipos | 116 |
Campión | Betis |
Subcampión | Valencia |
Máximo goleador | Borja Iglesias (5) |
O vencedor foi o Real Betis, que conquistou o seu terceiro título derrotando na final ao Valencia despois dunha prórroga e unha quenda de penaltis. O compostelán Borja Iglesias, dianteiro do Betis, foi o máximo goleador do torneo, con 5 tantos, e foi elixido mellor xogador da final.[1]