Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
coral galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A primeira presentación foi o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa de San Francisco de Pontevedra,[1] coa interpretación dun concerto sacro que se repetiu ó día seguinte na Basílica de Santa María a Maior, e o primeiro concerto foi no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Dende entón seguiu a liña proposta polos fundadores: polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada.[2]
Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra | |
---|---|
A sociedade en 1930. | |
Tipo | coro |
Data de fundación | 1925 |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |