Cork - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Cork.

Cork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°53′50″N 8°28′12″O / 51.897222, -8.47

Cork
Corcaigh
Vistas da cidade
Localización

Cork
País
 Irlanda
ProvinciaMunster
CondadoCondado de Cork
Xeografía
Superficie37,3 km²
Demografía
Poboación119.230 hab. (2011)
Densidade3.194,18 hab/km²
XentilicioCorkonian, Leesider
Outros datos
AlcaldeJohn Sheehan
Páxina oficial de Cork

Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster.

O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo. A cidade é un dos máis importantes portos marítimos de Irlanda, con embarcadoiros e peiraos ao longo da beira do río Lee na parte leste da cidade. A cidade en si ten 123.062 habitantes, aumentando a 186.239 se engadimos a xente que vive nos arrabaldes. O condado, excluíndo a cidade, ten un total de 326.767 habitantes (CSO 2002).

Ponte de Patricks.
Ponte de Patricks.

O nome da cidade deriva da verba irlandesa corcach que significa "zona pantanosa", en relación coa súa situación respecto o río Lee. Cork ten reputación de independente desde os tempos das invasións viquingas até a Guerra Civil irlandesa, que lle acadou o sobrenome de "condado rebelde". Hai moita xente de Cork que se refire a cidade como a "verdadeira capital irlandesa". (Dublín estivo baixo dominio estranxeiro a maior parte da súa historia).

Nome

A localidade, que tivo varios nomes en gaélico, orixinalmente chamábase Cove (A Cova de Cork) en 1750. Foi renomeada como Queenstown en 1850 para conmemorar a visita da raíña Vitoria. Este nome permaneceu ata 1922 cando foi renomeada Cobh [1] coa fundación do Estado Libre Irlandés. Cobh é unha gaelicización do nome inglés Cove e non ten significado en gaélico.

Predecesor:
Xénova
Lille

Capital Europea da cultura

2005
Sucesor:
Patras

Notas

  1. 'Republican Cobh & The East Cork Volunteers', Kieran McCarthy, Nonsuch Press, Dublin, pages 62-63
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Cork
Listen to this article