Corporación
identidade xurídica constituída mediante un proceso lexislativo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha corporación ou sociedade corporativa é unha entidade xurídica que consiste nun grupo de persoas que formaron unha asociación con propósitos comerciais ou sen fins de lucro. Esta asociación formal, recoñecida como persoa xurídica e amparada polo dereito de sociedades, conta cos seus propios privilexios e responsabilidades distintos a aqueles dos seus membros (persoas naturais). Unha corporación pode ser un concello, unha universidade, unha igrexa, unha ONG, unha empresa, un gremio, un sindicato ou outro tipo de persoa colectiva. Na práctica moderna, por contaminación do uso en inglés da palabra corporation moitas persoas utilizan a palabra "corporación" para referirse a unha entidade comercial establecida de acordo ao marco legal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |