Corrosión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cando un material se combina co osíxeno experimenta unha reacción de oxidación formándose os óxidos correspondentes. Cando esta oxidación ten lugar nun medio húmido ou agresivo recibe o nome de corrosión.[1][2]
A corrosión é moi perigosa para os materiais por exemplo nas aliaxes de ferro con carbono, a película de óxidos é débil, destrúese con facilidade e a oxidación continua cara ao interior da peza provocando fisuras ou mesmo roturas.