Costa de Dexo-Serantes
Monumento natural e zona especial de conservación / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros.[1][2][3][4] É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa.[5] É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.[6]
Costa Dexo | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, Monumento natural | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 346.53 ha. (15% de área mariña) | ||
Lexislación: | Monumento natural o 10 de maio de 2000, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | A Coruña | ||
Concellos: | Oleiros | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.
Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000[7], e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.[4]