Traza
insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel / From Wikipedia, the free encyclopedia
Traza, couza, caruncho, trilla, corta ou rela son as denominacións populares dadas a diferentes grupos de insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel, segundo os casos.[1] Con este nome coñécense en galego dous grupos de insectos moi distintos:
- Traza da roupa: son larvas de certos lepidópteros que se alimentan dos tecidos da roupa.
- Traza da madeira: son larvas de certos coleópteros, que se alimentan de madeira.