Creacionismo (literatura)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O creacionismo foi a escola que deu maiores achados vangardistas na literatura galega. Coincide globalmente co cubismo literario no valor que da ao instantaneísmo (nun só instante percibimos as cousas sen seren coordinadas) e prodúcese o fragmentarismo de imaxes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Creacionismo.
O iniciador foi o poeta chileno Vicente Huidobro. O seu obxectivo: crear un poema, como obra á parte, transformando motivos tirados da vida para lles conferir unha existencia nova e independente. Nada anecdótico, nin descritivo: o artista deberá transpor os feitos tal como os vive o espírito. O poeta é quen de crear, como Deus, novas existencias.
O maior achado creacionista na literatura galega foi De catro a catro de Manuel Antonio.