Crise da Restauración
From Wikipedia, the free encyclopedia
A crise da Restauración constituíu a etapa final do período constitucional do reinado de Afonso XIII en España. Non existe un consenso sobre o ano exacto do inicio da crise do réxime político da Restauración, aínda que se adoita situar un pouco antes ou un pouco despois de 1914, segundo se dea máis ou menos relevancia ao impacto da Primeira guerra mundial en España, a pesar de que se mantivo neutral durante todo o conflito. Si que existe acordo en considerar que un momento clave da mesma foi a crise española de 1917 e, tamén, que o seu final se produciu en setembro de 1923 co triunfo do golpe de estado que deu paso á ditadura de Primo de Rivera.