Critias
From Wikipedia, the free encyclopedia
Critias (grego antigo Κριτίας Kritías), nado en Atenas sobre -460 e finado en Muniquia en -403, foi un sofista grego. Fillo de Calescro, foi tío carnal de Platón.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (grc) Κριτίας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 460 a. C. Antiga Atenas |
Morte | 403 a. C. (56/57 anos) Antiga Atenas |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Antiga Atenas |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | político , filósofo , escritor , escritor de traxedia , poeta |
Membro de | |
Movemento | Sofista e Presocráticos |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Pai | Callaeschrus (en) |
Pechar
- Este artigo trata sobre o fillo de Calescro, para outras persoas do mesmo nome véxase Critias (homónimos).
Aínda que é principalmente lembrado por formar parte do goberno dos Trinta Tiranos imposto polos espartanos tras a súa vitoria sobre Atenas, tamén produciu unha ampla gama de obras, ademais de dedicarse ao ensino e a poesía.
Critias é unha das figuras atenienses máis enigmáticas e polémicas do século -V Poucos escritores da Grecia clásica foron tan prolíficos. Existe certo disenso acerca da autoría dalgunhas obras que lle atribúen, conservándose unicamente fragmentos das mesmas.