Cromóforo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cromóforo é a parte dunha molécula responsable da súa cor.[1] A cor orixínase cando unha molécula absorbe certas lonxitudes de onda da luz visible e transmite ou reflicte outras. O cromóforo é unha rexión da molécula no que a diferenza de enerxía entre dous orbitais moleculares distintos cae dentro do rango do espectro visible. A luz visible que incide no cromóforo pode así ser absorbida ao excitar un electrón desde o seu estado fundamental ao seu estado excitado.
Nas moléculas biolóxicas que serven para capturar a luz ou detectar a enerxía luminosa, o cromóforo é o residuo que causa un cambio conformacional na molécula cando lle dá a luz.