Cancro do castiñeiro
Fungo que causa unha doenza en árbores / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cancro do castiñeiro[1] é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[2] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Cancro do castiñeiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cancros causados pola infección fúnxica, producindo fendas na casca | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Cryphonectria parasitica' (Murrill) Barr |
O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a muerte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.
Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.