Sociedade Relixiosa dos Amigos
movemento relixioso / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Relixiosa dos Amigos, xeralmente coñecida como os cuáqueros ou amigos, é unha comunidade relixiosa disidente fundada en Inglaterra por George Fox (1624-1691). Aínda que eles mesmos se chamaron «amigos», a xente chamounos «quakers» ou «tremedores» («quake» significa «tremor» en inglés). Talvez en alusión á instrución dada por George Fox ós seus seguidores de «tremer no nome do Señor», e tamén pode corresponder á experiencia de quen eran «movidos» polo Espírito.[1] «Quaker» en galego coñécese como «cuáquero».[2]
Estendéronse nos Estados Unidos polas actividades de William Penn, especialmente no estado de Pensilvania. Non teñen un credo oficial, e os cuáqueros poden chegar a ter crenzas diversas, en diferentes países e a escala nacional. A pesar diso, son considerados unha das igrexas historicamente pacifistas.