![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/43/Dicksonia_antarctica_in_Koishikawa_gardens.jpg/640px-Dicksonia_antarctica_in_Koishikawa_gardens.jpg&w=640&q=50)
Fento arborescente
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os fentos arborescentes ou arbóreos actuais son fentos que medran con tronco elevando as frondes, e, a diferenza dos fentos comúns, estas non saen a rentes do chan. A maior parte dos fentos arbóreos pertencen ás familias Dicksoniaceae e Cyatheaceae na orde Cyatheales, categoría taxonómica circunscrita deste xeito pola moderna clasificación de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] é monofilético.
Fentos arborescentes (Cyatheales) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar de Dicksonia antarctica nun xardín de Toquio (Xapón) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
Segundo Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada no Smith et al. 2006[4], 2008)[5]; que tamén fornece unha secuencia lineal das licófitas e monilófitas. |
- Véxase o artigo Pteridophyta para unha introdución ás plantas vasculares sen semente.
Os fentos arborescentes atópanse nas áreas subtropicais e tropicais, incluíndo as forestas frías e temperadas de choivas en Australia, Nova Zelandia, e rexións veciñas (ex: Malaisia, Illa de Lord Howe etc). Como todos os fentos, os fentos arbóreos reprodúcense por medio de esporas formadas no lado inferior das frondes.
As frondes dos fentos arbóreos son xeralmente moi grandes e constitúen follas pinnadas multíplices. Outros tipos, no entanto, posúen frondes enteiras, non divididas.
En Galiza non hai fentos arborescentes autóctonos, porén, o uso destes en xardinaxe coma plantas ornamentais, especialmente en parques e arboredos de pazos e mosteiros fixo que algunhas especies, coma a Dicksonia antarctica se teñan naturalizado[6].