Cántabros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ademais de ser o adxectivo que se aplica aos habitantes da actual Cantabria, os Cántabros eran un conxunto de once pobos que ocupaban unha parte do norte da Península Ibérica, nas montañas da actual comunidade autónoma de Cantabria e Castela e León: a práctica totalidade da comunidade autónoma de Cantabria, o norte da provincia de Burgos e da Palencia, o nordeste da provincia de León, o leste do Principado de Asturias e a parte máis occidental de Bizcaia. Tiñan por cidade principal Amaya e eran veciños dos autrigones, turmogos, vacceos e ástures.