From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cántico das criaturas (en italiano: Cantico delle creature; en latín: Laudes Creaturarum), tamén coñecido como Cántico do irmán sol, é un cántico relixioso cristián composto por San Francisco de Asís en dialecto umbro a finais de 1224 ou inicios de 1225, pouco antes da súa morte.[1]
Francisco, enfermo e case cego, estaba fortemente decepcionado pola marcha da orde que fundara.[1] Nunha noite de tormento espiritual, saíu da súa casoupa e elaborou o cántico como expresión de gabanza a todas as criaturas da tehttps://www.bugattipage.com/jacob/type/68.htmlrra e ás forzas da natureza. O texto, amais, contén elementos da lingua latina, toscana e italiana. É considerada unha das primeiras obras en lingua italiana.
Conforme a tradición, o cántico foi entoado por primeira vez polo propio san Francisco de Asís e polos irmáns León e Anxo, dous dos seus compañeiros máis próximos.
Ao contrario ca outros cánticos relixiosos da época, non se enfoca unicamente a Deus, a Virxe ou a outros santos, senón que lle agradece ao Creador por criaturas como o “Irmán Lume”, a “Irmá Auga”, a “Irmá Terra” e todas as criaturas do mundo. Mostraba así a súa crenza de que todo o creado era obra divina e que todos os seres debían ser tratados como “irmáns” e “irmás”. Amais, San Francisco advirte do grave risco de marchar deste mundo en pecado mortal.
Historicamente, o Cántico das criaturas foi mencionado por primeira vez en Vita Prima de Tommaso dá Celano, en 1228.
Este cántico inspirou ao papa Francisco para redactar a súa encíclica Laudato si' sobre o coidado da casa común, tamén coñecida como «a encíclica ecolóxica».[2]
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.