Célula eucariota
células cuxo material hereditario fundamental está encerrado dentro dunha dobre membrana que delimita un núcleo celular / From Wikipedia, the free encyclopedia
As células eucariotas son células que teñen o seu material hereditario fundamental (que contén a súa información xenética) encerrado dentro dunha dobre membrana, a envoltura nuclear, que delimita un núcleo celular. Os dous tipos principais son: célula animal e célula eucariota vexetal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Eucariota.
A alternativa á organización eucariota da célula é a célula procariótica. Nestas células o material hereditario aparece máis ou menos disperso no citoplasma.
Aos organismos formados por células eucariotas denomínaselles eucariontes. Excepto as bacterias e arqueas, todos os demais seres vivos son eucariotas, e poden ser unicelulares ou pluriceluares.