evento anual From Wikipedia, the free encyclopedia
O Día da Hixiene Menstrual é unha iniciativa que se celebra o 28 de maio co obxectivo de acabar coa pobreza menstrual, concienciar sobre a hixiene e a mala xestión menstrual, así como cambiar as percepcións negativas ou estigmas arredor da menstruación. O proxecto foi iniciado pola ONG alemá WASH United en 2013. A data refírese á duración media do ciclo menstrual (28 días) e do sangrado (5 días) e comezou a celebrarse en 2014.[1] Nesta data évanse a cabo actividades conxuntas con asociacións e empresas membros da coalición WASH United [2] e celébrase a nivel mundial con obradoiros, seminarios, discursos, campañas nos medios, proxeccións audiovisuais, marchas e exposicións.[3] En 2018, catrocentas organizacións participaron na xornada a nivel mundial [4] e en 2019 houbo 726 eventos en 74 países.[5]
A Organización Mundial da Saúde define o Día da Hixiene Menstrual como unha oportunidade para integrar medidas relacionadas co manexo da menstruación en programas e políticas a nivel global, nacional e local.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.