From Wikipedia, the free encyclopedia
José Daniel Ortega Saavedra, nado en La Libertad (Chontales) o 11 de novembro de 1945, é un ex-guerrilleiro e político nicaraguano, presidente electo do seu país.
(2010) | |
Nome orixinal | (es) José Daniel Ortega Saavedra |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1945 (78 anos) La Libertad, Nicaragua (pt) |
Presidente de Nicaragua | |
10 de xaneiro de 2007 – ← Enrique Bolaños | |
Presidente de Nicaragua | |
10 de xaneiro de 1985 – 25 de abril de 1990 ← Junta de Reconstrução Nacional (pt) – Violeta Chamorro → | |
Datos persoais | |
Residencia | Colonia el Carmen |
País de nacionalidade | Nicaragua |
Relixión | Católico non practicante |
Educación | Universidade Rusa da Amizade dos Pobos |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor |
Período de actividade | 1963 - |
Partido político | Fronte Sandinista de Liberación Nacional |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Revolución Sandinista |
Outro | |
Cónxuxe | Rosario Murillo (1978–) |
Fillos | Camila Ortega Murillo (pt) |
Irmáns | Camilo Ortega (pt) e Humberto Ortega (pt) |
Condenado por | roubo de banco (pt) (1967) |
Premios | |
Daniel Ortega foi un dos comandantes da guerrilla do Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), organización que combateu a ditadura de Anastasio Somoza Debayle até que o 19 de xullo de 1979 conseguiu derrotala militarmente (Revolución Sandinista) instaurando un goberno de unidade nacional que tomou o nome de Xunta de Reconstrución Nacional (goberno do que forma parte Daniel Ortega) no que, ademais dos sandinistas, estaban representados as principais formacións contrarias á ditadura.
Desfeito o goberno de unidade por diferenzas internas, Ortega foi escollido presidente do país en 1984. O seu goberno, de orientación claramente progresista, conseguiu mellorar a calidade de vida da poboación pero tivo que facer fronte á oposición armada das forzas contrarevolucionarias de dereitas, contras, instruídas pola CIA e financiadas polo Goberno dos Estados Unidos.
Nas eleccións presidenciais de 1990 Ortega foi derrotado por unha escasa marxe de votos, debido a unha alianza de 14 partidos políticos antisandinistas liderados por Violeta Chamorro.
Dezasete anos despois nas eleccións do 5 de novembro de 2006, Daniel Ortega foi novamente escollido presidente.
En novembro de 2021, Daniel Ortega foi reelixido para un cuarto mandato de cinco anos co 75% dos votos, segundo os primeiros resultados oficiais parciais publicados polo Consello Supremo Electoral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.