Dasiúridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos dasiúridos (Dasyuridae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres recoñecidas dentro da orde dos dasiuromorfos,[1][2] que viviron desde o mioceno medio até o presente.
Dasiúridos Dasyuridae Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuol oriental (Dasyurus viverrinus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A familia comprende a gran maioría das especies de marsupiais carnívoros. É a maior (e a única non monotípica)[3] da orde dos dasiuromorfos e inclúe unhas 70 especies nunha vintena de xéneros, entre elas os chamados gatos marsupiais (ou gatos nativos, que din os australianos), os ratos marsupiais, as ratas marsupiais e o demo de Tasmania.[4]
Os dasiúrídos son animais de pequeno a mediano porte, pesando entre algúns gramos e os 8 kg. Todos presentan un corpo alongado, coa cabea afiada e unha cola longa, peluda e non prênsil. Son plantígrados, e a estrutura da pata non é sindáctila,[5] o que os distingue do grupo dos canguros (orde dos diprotodontes). As especies arborícolas teñen un dedo extra nas patas traseiras.