Debian GNU/Linux
From Wikipedia, the free encyclopedia
Debian GNU/Linux, organizada a través do Proxecto Debian, é unha distribución Linux de software libre moi usada e desenvolvida a través da colaboración de voluntarios de todo o mundo. Dende os seus comezos, o sistema Debian GNU/Linux, baséase no Kernel de Linux, con moitas tarefas básicas do sistema operativo realizadas co software do Proxecto GNU.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Debian GNU/Linux | |
---|---|
Debian GNU/Linux 11 (Bullseye) co escritorio GNOME | |
Desenvolvedor | Debian Project |
Familia de S.O. | Unix-like |
Lanzamento | 16 de agosto de 1993 |
Interface de usuario | GNOME, KDE, Xfce ou LXDE |
Licenza | Software libre, principalmente GNU GPL, e outras |
Última versión estable | 11.0 (Bullseye) 14 de agosto de 2021 |
Sitio web | www.debian.org |
Debian é coñecida polo seu seguimento da filosofía de Unix e do software libre e pola abundancia de opcións —a versión actual inclúe sobre quince mil paquetes de software para once arquitecturas de computador. Debian GNU/Linux é a base de moitas outras distribucións como Knoppix, Ubuntu Linux, a galega Trisquel, ou a desenvolvida pola Asociación Galega de Usuarios de Linux (AGNIX) GNIX.
Debian tamén é moi coñecida polo seu sistema de empaquetamento APT, polas súas estritas políticas de mantemento da calidade dos seus paquetes e versión e polo seu sistema aberto de desenvolvemento e probas. Estas prácticas permiten fáciles instalacións e eliminacións de paquetes de software sen reiniciar o computador.
Debian finánciase mediante doazóns a través da Software in the Public Interest, que patrocina diversos proxectos de software libre.