Declinación do latín
From Wikipedia, the free encyclopedia
A declinación do latín é o conxunto de formas en que se declinan os substantivos, adxectivos, pronomes e outras categorías de palabras na lingua latina. En latín, a declinación dunha palabra serve para indicar a función e o número gramatical. Hai cinco declinacións, que están numeradas e agrupadas segundo a terminación e o seu xénero gramatical. Os diferentes casos exprésanse por medio dun sufixo (ou morfema gramatical) incluído ó remate de da palabra. A flexión das palabras dentro dunha mesma declinación varía segundo o seu xénero gramatical: masculino, feminino ou neutro.
Cada un dos seis casos[1] ten unha función principal e unha serie de funcións secundarias, que poden ter unha semellanza gramatical coa función principal ou non. Este sistema de casos do latín influíu na gramática das linguas románicas (as linguas que descenden do latín). Algunhas, coma o romanés, aínda conservan un sistema de casos hoxe en día, mentres que outras, coma o catalán, só conservan algúns vestixios.