From Wikipedia, the free encyclopedia
Europa tiña no ano 2010 unha poboación duns 735 000 000 habitantes (o 11 % da poboación mundial), dos que 501 259 840 viven en países pertencentes á Unión Europea. Existen diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes de Alemaña e os escasos 400.000 de Malta, ou 300.000 de Islandia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
A densidade total de poboación é de 70 hab./km², se ben non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulas Ibérica e Helénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Bretaña ou NO de Italia) cuxas densidades superan a media de Europa.
Con respecto ao crecemento natural de Europa hai que salientar o escaso incremento, debido á baixa natalidade e mortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como España. Aínda así estados como o español conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.
A esperanza de vida da Europa aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nas mulleres, sendo unha das máis altas do planeta. A estrutura demográfica dá unha perspectiva de Europa como unha poboación envellecida.
O continente caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tamaño pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas coma a de Londres ou Madrid.
As actividades económicas deixan o seguinte panorama:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.