Den
From Wikipedia, the free encyclopedia
Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXX a. C. |
Morte | 2995 a. C. |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) |
Faraón | |
← Djet – Anedjib → | |
Datos persoais | |
Título real no antigo Exipto
| |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Época Tinita (pt) e Primeira dinastía de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Primeira dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Nakhtneith Serethor |
Fillos | Anedjib () Seshemetka (pt) |
Pais | Djet e Merytneit |
Pechar
Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.
- A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.
- Foi o primeiro faraón en usar o título de rei do Alto e Baixo Exipto.
- Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.
- Atopáronse numerosos obxectos na súa tumba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.
Dreyer atopou na tumba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.