From Wikipedia, the free encyclopedia
Lempira é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no occidente desta. Ten unha superficie de 4.228 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 277,910 habitantes.
Limita polo norte cos departamentos de Copán e Santa Bárbara, polo sur coa República do Salvador, polo oeste con Ocotepeque, Copán e O Salvador, e polo leste cos departamentos de Santa Bárbara e Intibucá.
Lempira foi fundado o 28 de xuño de 1825. Antes, este departamento pertencía ao territorio de Gracias como parte da primeira organización territorial de Honduras en 1536. O nome do departamento é un tributo ao heroe indíxena Lempira, orixinario deste lugar.
A economía do departamento de Lempira está asociada á agricultura. Café, millo, arroz e tabaco son, entre outros produtos, parte fundamental das actividades diarias deste departamento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.