Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
gabinete e museo numismático / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Departamento de Moedas e Medallas (en inglés: Department of Coins and Medals) é un departamento do Museo Británico (British Museum) que se ocupa da investigación e do mantemento e a exposición da colección numismática da institución, a máis importante do Reino Unido, composta por case un millón obxectos numismáticos como moedas, medallas ou fichas comerciais, ademais dunha nutrida biblioteca.[1][2]
Departamento de Moedas e Medallas Museo Británico | |
---|---|
Fachada principal do Museo Británico | |
Coordenadas | 51°31′10″N 00°07′37″O |
País | Reino Unido |
Cidade | Londres |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A colección abrangue a historia das emisións monetarias desde as súas orixes no século VII a. de C. ata a Idade Contemporánea, tanto da tradición oriental como da occidental.
O Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico celebrou o seu 150 aniversario en 2011.[3]
Entre outras federacións e entidades, o Departamento forma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[4]