Deputación Xeral de Aragón
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Deputación Xeral de Aragón ou Goberno de Aragón (oficialmente: Diputación General de Aragón) é o órgano de goberno que representa o poder executivo da Comunidade Autónoma de Aragón, nacido durante a Transición Española como órgano executivo preautonómico, e unha das institucións propias que integran a Comunidade Autónoma, xunto ás Cortes de Aragón (poder lexislativo), e o presidente da Deputación Xeral, elixido polas Cortes.
A súa sede principal áchase na Real Casa da Misericordia en Zaragoza, edificio tamén chamado El Pignatelli. Ten a súa orixe histórica na Deputación do Xeneral do Reino de Aragón ou Generalidad de Aragón, vixente entre 1364 e 1708.