Deputación de Pontevedra
organismo que representa os concellos da provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
organismo que representa os concellos da provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
A Deputación Provincial de Pontevedra é o organismo que representa os concellos de toda a provincia. A súa sede sitúase na capital da provincia. Dende 2023 o presidente é Luís López Diéguez (do PPdG).
Sede da deputación no pazo provincial. | |
Fundación: | 1836 |
---|---|
Provincia: | Pontevedra |
Enderezo: | Gran Vía de Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra |
Presidente: | Luís López Diéguez (PPdG) |
Orzamento: | 161 millóns de € (2020)[1] |
Número de empregados: | 871 (2012)[2] |
Concellos que atende: | 61 |
Boletín oficial: | www |
Na rede | |
https://www.depo.gal/ | |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partido Político | Votos | (%) | Deputados |
---|---|---|---|
Partido Popular de Galicia (PPdeG) | 180.832 | 36,67% | 14 / 27 |
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) | 167.368 | 33,94% | 9 / 27 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 89.394 | 18,13% | 4 / 27 |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Circunscrición | |||
---|---|---|---|
Cambados | 1 / 3 |
2 / 3 |
0 / 3 |
A Estrada | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Lalín | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Ponteareas | 0 / 1 |
1 / 1 |
0 / 1 |
Pontevedra | 2 / 7 |
3 / 7 |
2 / 7 |
Tui | 1 / 3 |
1 / 3 |
1 / 3 |
Vigo | 9 / 11 |
2 / 11 |
0 / 11 |
O Pazo provincial de Pontevedra sitúase na Gran Vía de Montero Ríos, desta cidade. Inicialmente tiña a sede no convento de San Francisco, desde onde se trasladou ó actual pazo en 1890. Este construíuse sobre a antiga leira do convento de San Domingos, baixo a dirección do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.
Da Deputación provincial dependen, entre outras, as seguintes institucións:
O artigo 37 da Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".
Trala Revolución de 1868 ata a entrada en vigor da Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volveu a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.
A Lei provincial do 20 de agosto de 1870, así como as sucesivas, define con claridade a figura do presidente cun carácter máis permanente e cunha clara continuidade ao longo de todo o período de sesións que lle corresponda á Corporación. O artigo 28 obriga á "Elección dun presidente, un vicepresidente e dous secretarios para todas as sesións que teñan que celebrarse ata a renovación".
Malia a clara e concreta regulamentación, os inicios deste período comprenden unha sucesión de presidentes en curto espazo de tempo.
Entre 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.
Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.
O Real Decreto do 12 de xaneiro de 1924 restablece o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.
O Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 restablece o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.
Segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.
O 15 de abril de 1931 tomou posesión o Comité, facéndose cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República.
O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.
O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora.
O 16 de decembro de 1950 promulgouse a Lei de réxime local, que indica que o nomeamento do presidente lle corresponde ó ministro da Gobernación.
Trala promulgación da Constitución española de 1978, os presidentes son elixidos entre os membros da Corporación por votación interna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.