Dersu Uzala (filme de 1975)
filme de 1975 dirixido por Akira Kurosawa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dersu Uzala. O cazador[1] (en ruso: Дерсу Узала; en xaponés: デルス·ウザーラ, Derusu Uzāra) é un filme soviético-xaponés de 1975 dirixido por Akira Kurosawa. Foi o seu primeiro filme rodado nunha lingua diferente ó xaponés e o único rodado en 70mm.
Dersu Uzala | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Дерсу Узала |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Yoichi Matsue Nikolai Sizov |
Guión | Akira Kurosawa Yuri Nagibin |
Baseado en | Dersu Uzala de Vladimir Arsenyev |
Intérpretes | Maxim Munzuk Yury Solomin |
Música | Isaak Shvarts |
Fotografía | Asakazu Nakai Yuri Gantman Fyodor Dobronravov |
Montaxe | Valentina Stepanova |
Estudio | Daiei Film Mosfilm |
Distribuidora | Mosfilm (USSR) Daiei Film (Xapón) |
Estrea | xullo de 1975 2 de agosto de 1975 |
Duración | 144 minutos |
Orixe | Unión Soviética Xapón |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | 4 millóns de dólares (estimado) |
Na rede | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O filme baséase no libro de memorias de 1923 Dersu Uzala (que toma o seu nome do trampeiro Dersu Uzala) escrito polo explorador ruso Vladimir Arsenyev, e conta a exploración da rexión Sikhote-Alin ó longo de múltiples expedicións a comezos do século XX. Rodado case completamente en escenarios exteriores do arredado leste ruso, o filme conta a historia dun nativo dos bosques que está completamente integrado no seu medio, levando un estilo de vida que será inevitablemente destruído polo avance da civilización. Tamén trata sobre o respecto e a amizade profunda entre dous homes de orixes profundamente diferentes, e sobre a dificultade de afrontar a perda de forza e capacidades que provoca a vellez.
O filme gañou o Óscar de 1976 ó mellor filme en lingua non inglesa,[2] o Premio de Ouro e o Premio FIPRESCI na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova[3] entre outros galardóns. Vendeu arredor de 20,4 millóns de entradas na Unión Soviética e recadou 1,2 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá.[4]
Foi estreado en galego na Televisión de Galicia o 23 de setembro de 2000.[5]
- Yury Solomin como Vladimir Arsenyev
- Maxim Munzuk como Dersu Uzala
- Vladimir Kremena como Turtygin
- Alexander Pyatkov como Olenev
- Svetlana Danilchenko como Anna
- Suimenkul Chokmorov como Chzhan Bao
- oscars.org (ed.). "The 48th Academy Awards (1976) Nominees and Winners". Consultado o 18 de marzo de 2012.
- MIFF (ed.). "9th Moscow International Film Festival (1975)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- Zemlianukhin, Sergei; Miroslava Segida (1996). Duble-D, ed. Domashniaia sinemateka 1918–1996 (Домашняя Синематека 1918–1996) (en ruso). Moscova. p. 118. ISBN 5-900902-05-6.
- La Voz de Galicia, 23 de setembro de 2000. Páx. 70
Outros artigos
Ligazóns externas
- Dersu Uzala na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)