For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Dialectoloxía.

Dialectoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Mapa dialectal da lingua maorí.
Mapa dialectal da lingua maorí.

A dialectoloxía é o estudo da variación xeográfica e sociolingüística da lingua.

Debido á ambigüidade e inconsistencia dos termos lingua e dialecto, en dialectoloxía adóitase empregar o termo variedade lingüística para designar a forma de comunicación verbal humana de trazos razoabelmente homoxéneos empregada por unha comunidade lingüística. A dialectoloxía sería o estudo desas variedades, principalmente dos xeolectos, e a forma sistemática no que difiren unhas doutras.

Dialecto, xeolecto e sociolecto

O estudo sistemático da xeografía lingüística iniciada no século XIX e a sociolingüística iniciada no século XX, revelou que toda variedade da linguaxe amosa variacións de catro tipos principais:

  • Variacións xeográficas, polas cales a fala dunha localidade presenta pequenas variacións no uso, frecuencia e forma de certos elementos lingüísticos con respecto á fala de localidades veciñas situadas a unha certa distancia. Cando se estuda un determinado aspecto, obsérvase que a fala de pequenas zonas é razoablemente homoxénea, e por iso desígnase informalmente como xeolecto a variedade xeográfica ou conxunto delas razoablemente homoxénea (naturalmente o grao de homoxeneidade requirido depende do tipo de propósito de estudo).
  • Variacións sociais, posto que as sociedades humanas presentan estratificación social e clases sociais, as persoas dun determinado grupo étnico, socioeconómico ou relixioso relaciónanse en maior medida con persoas do seu grupo social, o cal fai que a fala de certos grupos principalmente socioeconómicos presente homoxeneidade pero difira sistematicamente da variedade empregada por outros grupos. Así, é un feito coñecido que as variantes da linguaxe da clase traballadora difiren sistematicamente das clases dominantes, nunha serie de trazos. A toma de conciencia deste tipo de trazos conduce á estigmatización de certas formas e prestixiamento doutras. Úsase o termo sociolecto para designar a fala relativamente homoxénea dunha clase ou grupo social.
  • Variacións históricas ou temporais, o estudo dos textos escritos máis vellos das linguas revela que existen elementos lingüísticos que mudan de forma ou caen en desuso xunto con outros novos elementos que aparecen e son incorporados á lingua. Tamén o feito de que a fala das persoas de máis idade poida diferir de forma sistemática da das persoas máis novas revela que a lingua presenta pequenos cambios de xeración en xeración.
  • Variacións estílisticas, que se dan na fala dun mesmo individuo segundo a situación (formal ou informal, lingua falada ou escrita etc.).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Dialectoloxía
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.