colección de palabras e os seus significados From Wikipedia, the free encyclopedia
Un dicionario é un lista de termos ou palabras coas súas definicións. Tamén se consideran dicionarios as compilacións de caracteres, iconas, símbolos coa súa representación gráfica. Moitos dicionarios inclúen información adicional: pronuncia, etimoloxía, exemplos de uso, ilustracións e a maior parte dos dicionarios están en formato libro. As palabras ordénanse alfabeticamente.
A diferenza entre entre dicionario e unha enciclopedia está en que un dicionario céntrase no significado e uso das palabras, mentres unha enciclopedia intenta recompilar e organizar o coñecemento sobre temas moi variados.
Unha diferenza fundamental en linguas con Academias normativizadoras é a existente entre dicionario descritivo e dicionario prescritivo. Cando unha institución ten poder para sancionar (normalmente, en lexicografía denomínase sanción ou validación ao referendo positivo do uso, non á proscrición, negativa), esta publica as súas conclusións lexicolóxicas nun dicionario. Isto pasa en poucas linguas (para o castelán pola RAE, para o galego pola RAG, para o italiano pola Accademia della Crusca etc.), porque a maioría non teñen unha autoridade validadora. Isto permite establecer bases lingüísticas claras para o ensino e a lexislación, pero diminúe a velocidade de reacción e adaptación da lingua oficial aos novos tempos, posto que a distancia entre lingua oficial e usada é maior.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dicionario |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Dicionario |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.