Atol Diego García
From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego García é un atol de 30 km² situado no océano Índico. É parte do Arquipélago Chagos e un territorio británico de ultramar, parte do Territorio Británico no Océano Índico.
Diego García | |
---|---|
Datos | |
País | Reino Unido |
Illa principal | Diego García |
Linguas | Inglés |
Poboación (2009) | Non permanente (base militar) |
Superficie | 30 km² |
Superficie lagoa | 174 km² |
Nº de illas | 4 |
Coordenadas | 7°18′48″S 72°24′40″L |
Maior Altura | 3 m. |
Localización | |
O atol está a 3.650 km. ao leste da costa africana de Tanzania, a 1.790 km. ao sur-suroeste de Kanyakumari na punta sur da India e a 4.720 km. oeste-noroeste de Cape Range National Park, Western Australia na costa occidental de Australia.
Mauricio tratou de recuperar a soberanía, perdida en 1965, sobre o arquipélago de Chagos. Entre 1968 e 1973, os chagosianos, unhas 2.000 persoas, foron expulsados forzosamente polo goberno británico a Mauricio e Seychelles para alugar Diego García a Estados Unidos ata 2016, para permitir que os Estados Unidos instalasen unha base militar na illa. Hoxe en día, os chagosianos exiliados seguen loitando para regresar á súa terra natal, alegando que a expulsión forzada e a expropiación era ilegal. A pesar de que o Tribunal Supremo británico sentenciou que a expulsión foi ilegal e que a poboación ten dereito a regresar, os distintos gobernos británicos negáronse a cumprir a sentenza.[1][2]