Diego Velázquez
principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599[1] e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Sobresaíu en retratos de gran realismo e penetración psicolóxica, entre outros da familia real, á que tiña acceso en calidade de pintor da Corte. Tamén creou escenas históricas e mitolóxicas.
Diego Rodríguez de Silva y Velázquez | |
---|---|
Autorretrato de Velázquez (1650), Museo de Bellas Artes de Valencia | |
Nome | Diego Rodríguez de Silva y Velázquez |
Nacemento | 6 de xuño de 1599 e 1599 |
Sevilla | |
Falecemento | 6 de agosto de 1660 e 1660 |
Madrid | |
Nacionalidade | espanola |
Cónxuxe(s) | Juana Pacheco |
Fillos | Francisca de Silva Velázquez y Pacheco |
Eido | Pintor |
Movemento | Barroco |
Traballos | As Meninas As fiadeiras A rendición de Breda |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu catálogo consta dunhas 120 ou 125 obras. O recoñecemento coma pintor universal foi serodio, cara a 1850. Acadou a súa máxima fama entre 1880 e 1920, coincidindo coa época dos pintores impresionistas franceses, para os que foi un referente. Manet sentiuse marabillado coa súa obra e cualificouno coma o «pintor de pintores» e «o máis grande pintor que xamais existiu». A parte fundamental dos seus cadros que integraban a colección real consérvase no Museo do Prado en Madrid.