Difusión transcultural
From Wikipedia, the free encyclopedia
En antropoloxía cultural, a difusión transcultural é un concepto introducido por Leo Frobenius na súa obra Der westafrikanische Kulturkreis (1897/98), que se refire á expansión do uso de obxectos, ideas, estilos, relixións, tecnoloxía, linguas, etc. entre persoas de diferentes culturas. É un proceso diferente da difusión de innovacións dentro dunha cultura específica, xa que a difusión transcultural sempre involucra a máis dunha cultura. O fenómeno pode darse por adopción voluntaria, por imitación ou por imposición cultural.
A difusión a través de diferentes culturas é un fenómeno ben testemuñado e, polo tanto, que non é cuestionado. Por exemplo a práctica da agricultura parece terse estendido dende algures no Medio Oriente a toda Eurasia, hai menos de 10 mil anos, sendo adoptadas as prácticas agrícolas por moitas culturas diferentes. Outros exemplos ben estabelecidos de difusión, inclúen o emprego de carro de guerra, o traballo do ferro en tempos prehistóricos ou o uso do automóbil ou a indumentaria occidental de negocios, durante o século XX.