Dimetilsulfóxido
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dimetilsulfóxido ou dimetil sulfóxido[3] (DMSO) é un composto organosulfurado coa fórmula química (CH3)2SO. Este líquido incoloro é o sulfóxido máis amplamente usado comercialmente. e un importante solvente aprótico polar que disolve tanto compostos polares coma non polares e é miscible nunha ampla gama de solventes orgánicos e en auga. Ten un punto de ebulición relativamente alto. Ten a rara propiedade de que moitos individuos perciben un gusto a allo na boca cando o DMSO toma contacto coa súa pel.[4]
Dimetilsulfóxido | |
---|---|
Unha mostra de dimetil sulfóxido | |
(Metanosulfinil)metano (substitutivo) | |
Outros nomes Metilsulfinilmetano | |
Identificadores | |
Abreviaturas | DMSO, Me2SO |
Número CAS | 67-68-5 |
PubChem | 679 |
ChemSpider | 659 |
UNII | YOW8V9698H |
Número CE | 200-664-3 |
DrugBank | DB01093 |
KEGG | D01043 |
MeSH | Dimethyl+sulfoxide |
ChEBI | CHEBI:28262 |
ChEMBL | CHEMBL504 |
Número RTECS | PV6210000 |
Referencia Beilstein | 506008 |
Referencia Gmelin | 1556 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C2H6OS |
Masa molar | 78,13 g mol−1 |
Aspecto | Líquido incoloro |
Densidade | 1,1004 g⋅cm−3 |
Punto de fusión | 19 °C; 66 °F; 292 K |
Punto de ebulición | 189 °C; 372 °F; 462 K |
Solubilidade en auga | Miscible |
Solubilidade en Dietil éter | Non soluble |
Presión de vapor | 0,0556 kPa a 20 °C[1] |
Acidez (pKa) | 35[2] |
Índice de refracción (nD) | 1,479 εr = 48 |
Viscosidade | 1,996 cP a 20 °C |
Estrutura | |
Grupo puntual |
Cs |
Forma da molécula | Piramidal trigonal |
Momento dipolar | 3,96 D |
Perigosidade | |
Principais perigos | Irritante e inflamable |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 89 °C; 192 °F; 362 K |
Compostos relacionados | |
sulfóxidos relacionados | Dietil sulfóxido |
Compostos relacionados | Sodio metilsulfinilmetiluro, sulfuro de dimetilo, dimetil sulfona, acetona |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
En canto á súa estrutura química, a molécula ten unha simetría Cs idealizada. Ten unha xeometría molecular piramidal trigonal consistente con outros compostos S(IV) de coordinación 3,[5] cun par electrónico non enlazado sobre o átomo de xofre aproximadamente tetraédrico.