Dinastía Han
dinastía chinesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
漢朝 (zh) | |||||
Nomeado en referencia a | Han (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Luoyang (pt) (25–190 (Gregoriano)) Chang'an (190 (Gregoriano)–195 (Gregoriano)) Luoyang (pt) (196–196) Xuchang (en) (196 (Gregoriano)–220 (Gregoriano)) Chang'an (202 a. C.–9) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.594.978 (2) (9,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6.000.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 206 a. C. | ||||
Disolución | 220 | ||||
Sucedido por | Cao Wei (pt) , Shu Han (pt) e Wu Oriental (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A dinastía Han (chinés tradicional: 漢朝, chinés simplificado: 汉朝) gobernou China dende o 206 a. C. ata o 220 d.C. marcando un período de prosperidade económica e cultural e unha expansión territorial na Historia da China. Foi precedida pola dinastía Qin (221–206 a.C.) e seguiuna o período dos Tres Reinos (220-280 d.C.)
Durante a dinastía Han, os seus reis adoptaron os ensinos dos grandes filósofos da antigüidade, Lao Zi e Confucio. O goberno desenvolveuse ben logrando expansión territorial. Fomentouse a educación e a escritura co recentemente inventado papel de arroz. Propiciouse un grande intercambio de mercadorías pola ruta da seda, que vai do océano Pacífico ata Persia e a India. A China converteuse oficialmente nun Estado confuciano e prosperou no ámbito interno: a agricultura, os produtos manufacturados e o comercio floreceron, e a poboación chegou aos 50 millóns. Entrementres, o imperio estendeu a súa influencia cultural e política sobre os actuais Vietnam, Asia central, Mongolia e Corea antes de se derrubar baixo unha combinación de presións internas e externas. O primeiro dos dous períodos da dinastía, chamado Dinastía Han Anterior (前漢朝, qián hàn cháo) ou Dinastía Han Occidental (西漢朝, xī hàn cháo) que durou ata o ano 9, tivo a súa capital en Chang'an (actual Xi'an, provincia de Shaanxi). A Dinastía Han Posterior (後漢朝, hòu hàn cháo) ou Dinastía Han Oriental (東漢朝, dōng hàn cháo), que durou do 25 ao 220, tivo a súa capital en Luoyang. A convención de denominalas occidental e oriental úsase hoxe en día para evitar a confusión coa dinastía Han do período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos, aínda que a nomenclatura de anterior/posterior se usaba nos textos históricos, incluíndo en Zizhi Tongjian de Sima Guang. A dinastía foi fundada pola familia Liú (劉).
Os logros intelectuais, artísticos e literarios reviviron e floreceron durante a dinastía Han. O período Han produciu o historiador máis famoso da China, Sima Qian (145 a.C. - 87a.C.?), cuxas Memorias históricas provén unha crónica detallada desde os tempos da lendaria dinastía Xia a aqueles do emperador Wu (141a.C. - 87 a. C.). Os avances tecnolóxicos tamén marcaron este período. Un dos grandes inventos chineses, o papel, data da época Han.
Sería correcto afirmar que os imperios contemporáneos dos Han e os romanos eran os maiores que existían nese momento no mundo coñecido. A pesar de que non había unha relación directa entre os dous, ambos eran conscientes da existencia do outro, e existía un vínculo comercial a través dos outros imperios que existían en Asia Central e que actuaban como intermediarios, como Partia. Era un intercambio bastante desigual; China exportaba especias, teas, e, principalmente, seda. O imperio romano unicamente podía ofrecer ouro e prata en troco, pois non posuían outras manufacturas de interese para os chineses. Un dos poucos contactos directos rexistrados entre ambos os imperios aparecen no Hou Hanshu onde se conta que un convoi romano representando a Antonino Pío alcanzou a capital Luoyang e foi recibido polo emperador Huan.
A dinastía Han, que deu nome ao principal grupo étnico da China, "Os Han", foi notable tamén polo seu poderío militar. O imperio expandiuse cara ao oeste ata chegar á depresión de Tarim (na actual Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang. Os exércitos chineses tamén invadiron e se anexionaron partes do norte da Vietnam e Corea no final do século II a. C. Pero o control por parte dos Hans das rexións periféricas era xeralmente escaso. Para asegurar a paz cos poderes locais fóra da China, a Corte Han desenvolveu un "sistema tributario" mutuamente benéfico. Aos estados non chineses permitíase autonomía a cambio da aceptación simbólica da dominación Han. Os lazos tributarios confirmáronse e reforzáronse a través de ligazóns matrimoniais entre clases altas e intercambios periódicos de agasallos e bens.